Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Por Chantada pide nunha moción a creación dunha Mesa Local pola Inclusión e dun Plan Municipal de Integración

A agrupación entende que a veciñanza migrada ocupa os traballos máis precarios, sofre máis vulneración de dereitos e ten menos voz e menos oportunidades. No caso de Chantada aseguran que “déronse casos de persoas migrantes que foron encausadas por distintos delitos o que facilitou o espallamento do discurso do odio e a criminalización. Un siloxismo populista e moi simplista, onde o claro é que a pobreza e a marxinación propician ás condutas antisociais”.





Por Chantada alude, nese senso, a unha motivación de prevención, xa que “a exclusión non se resolve con control administrativo, senón con integración real, participación e igualdade de oportunidades, que reducen o conflito, a desinformación e a vuln...