A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, iniciou o trámite de concesión a favor do Club Náutico de Rianxo para a construción e explotación dunhas instalacións náutico deportivas no porto. Esta concesión prevé actuacións por importe de 1,7 millóns de euros.
A concesión contemplará a execución de obras de mellora e ampliación das instalacións coas que se conseguirán 174 prazas de amarre e instalaranse catro módulos de edificación prefabricados cunha ocupación total de 470 metros.
Esta edificación, a base de módulos, permitirá albergar unha cafetaría e local social, oficinas, vestiario e o pañol para vea lixeira. O ...