Carmen Quintanilla é unha figura imprescindible para entender a evolución dos dereitos das mulleres rurais en España e Europa. Un recoñecemento a máis de 40 anos de entrega. Con este premio, a organización recoñece a traxectoria dunha muller que, fai máis de catro décadas, tivo a visión e a valentía de fundar a primeira organización de mulleres rurais no ámbito europeo (AFAMMER- Asociación de Familias e Mujeres do Medio Rural).
Carmen Quintanilla non só foi unha pioneira; foi a voz de millóns de mulleres que vivían no silencio do esquecemento institucional, levando as súas reivindicacións desde os pequenos pobos ata as máis altas esferas internacionais. “Carmen é o espello no que nos miramos todas. O seu agari...
