A libraría Entre Libros de Monforte de Lemos acolle este venres 14 de novembro ás 20:00 h. a presentación literaria do poemario “Vestidos de organdí” (Editorial Belagua), da escritora quiroguesa Pura Tejelo. No acto estará acompañada da tamén escritora Celia Díaz, e do músico e compositor Manuel R. Crespo, artista que ofrecerá unha breve actuación musical.
A OBRA
Na procura de respostas sobre o ser, o tempo, a morte ou o significado da vida, “Vestidos de organdí” mestura referencias a diferentes culturas, mitoloxías e obras literarias con imaxes da nosa caneidade. Válese para iso dunha pluralidade de voc...
