Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Quiroga mellora o local social cunha axuda do Leader

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destinou 13.400 euros á mellora do local social de Quiroga. A achega concedida, xestionada polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra-Courel, supón o 90% do orzamento total.





Os traballos consistiron na instalación dun sistema de climatización mediante bombas de calor. A actuación incluíu o subministro e montaxe de tres equipos de aerotermia -un cassette de teito e dúas consolas chan/teito-, a reforma do cadro eléctrico existente e as intervencións necesarias para a posta en funcionamento da instalación.





A intervención permitiu mellorar o confort térmico e a eficiencia enerxética deste espazo municipal de uso social, garantindo un uso continuado ...