Un novo incendio forestal declarado na parroquia de Rebordechán, no concello de Crecente, mobilizou esta cuarta feira un importante operativo de extinción. Segundo fontes dos bombeiros forestais, o lume iniciouse en tres focos diferentes, polo que todo apunta a unha orixe intencionada.
