A primeira cita será o luns, 10 de novembro, cun stand informativo que se colocará no cruce da rúa Xóan XXIII coa Avda de Monforte. Desde as 10:30h e durante toda a mañá ofrecerase información sobre a recollida da fracción orgánica, repartiranse contedores de 10 litros, as bolsas de reciclaxe e a chave para poder participar do programa. Tamén se ofrecerá información a grandes produtores como a hostalaría ou restauración e terán á súa disposición os cubos e bolsas adaptados para máis capacidade.
Na carpa, ademais de poder recoller os cubos in situ, tamén se dará información sobre como solicitar os composteiros, podendo facelo presencialmente na xornada do 10 de novembro ou a través da
