Este venres, 14 de agosto, celebrouse a terceira edición do festival Rock & Viño de Ribas de Sil que contou con promoción dos produtos galegos de calidade diferenciada. A acción, enmarcada no Plan Saborea Galicia Calidade Diferenciada, permitiu achegar ao público estas producións a través de cinco degustacións elaboradas con produtos amparados por diferentes distintivos de calidade diferenciada.
A proposta gastronómica estivo acompañada pola presenza de diferentes adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, reforzando así a unión entre gastronomía, viño, música e territorio que caracteriza esta cita. Neste sentido, Alemparte salientou a importancia de aproveitar eventos culturais e de lecer para achegar os produtos de calidade diferenciada a n...
