Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Ribas de Sil no Días das Letras 2025

Como acto principal da celebración, a escritora Pura Tejelo presentou e asinou o libro “Vestidos de Organdí da editorial Belagua, e ilustrado por Mon Lendoiro. Pura Tejelo, con raíces na Ribeira (Quiroga) e visitante permanente da bisbarra, ten publicadas varias obras como A elegancia do século (2017), As Horas de Hanna (2019), Novembro (2021) e Vestidos de organdí (2024). Leva escribindo, sobre todo poesía, desde a década de 1980.





En 2014 gañou o segundo premio do II Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María coa obra Éramos deuses entre a herba seca de agosto. En 2016 gañou o Premio de poesía Johán Carballeira co poemario A elegancia do século. Tamén publicou nas revistas Dorna e Festa da Palabra Silencia...