Este domingo a Feira do Viño de Chantada, cita que abre o calendario das Feiras do Viño na D.O. Ribeira Sacra, celebrou o seu día grande, nunha xornada na que a climatoloxía acompañou e milleiros de persoas se achegaron a gozar dunha xornada de lecer.
Nesta última xornada da Feira do Viño ademais do pregón, entregaríanse os premios aos mellores viños, recibindo dúas Vides Gran Ouro a Adega Enonatur. Esta edición lembraba ao vello profesor, José María Gómez de Tojeiro, Chemari e no Día Internacional da Muller, comezábase lendo o Manifesto do 8M.
Despois da actuación da Banda de Gaitas do Concello de Chantada a concelleira de Igualdade, Pamela Fernández, lería o Manifesto do 8M...
