Silvia Fernández Recouso (Pontevedra, 1997) asina texto e ilustracións de O mar que me levou (Galaxia), unha historia en que un mozo de 16 anos descobre un estraño ritual de seu avó: cada mañá, o mariñeiro retirado baixa ao peirao e lanza unha botella ao mar, unha rutina que tece os fíos do seu pasado.
