Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Sirat

O percorrido de Sirât polos cines españois, e agora tamén pola plataforma televisiva Movistar, trouxo consigo unha nova reprodución da polémica, cada vez máis frecuente, entre crítica profesional e espectadores comúns. Seguramente sexa esta unha disputa de alcance temporal moito máis longo, pero o certo é que, antes de internet, a súa máis explícita e case única manifestación era a recadación, a venda de entradas. Un sabía que á xente lle gustaban moito certas películas que os críticos detestaban polo tempo que aquelas pasaban na carteleira, enchendo as salas sesión tras sesión. Pero agora os espectadores tamé...