A residencia de maiores da Pobra do Caramiñal é un centro pensado para os anciáns que poden valer por si mesmos. A admisión neste xeriátrico depende do nivel de independencia do usuario, pero dun tempo para acó os traballadores veñen denunciando que non se cumpre este requisito e que, a pesar de que o centro non está adaptado para maiores dependentes, son cada vez máis os usuarios que chegan ao asilo con necesidades específicas. Traballadores do centro denuncian en conversación con Galiciapress as condicións nas que viven os maiores, a falta de persoal e de medios para poder atendelos e o pescozo de botella burocrático que impide darlles unha atención axeitada.
