Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

"Traballamos para contrarrestar a imaxe falsa que se intenta transmitir da ditadura"

Carmina Gustrán (Zaragoza, 1982) é a comisionada do programa España en liberdade, impulsado polo Goberno do Estado para conmemorar o 50 aniversario do remate da ditadura franquista e as case cinco décadas que España leva vivindo en democracia. Falamos con ela sobre os obxectivos do programa, nun momento no que medran os discursos negacionistas sobre a represión e se crean mitos sobre a ditadura.