Alumnado da Escola de Aprendizaxe Industrial de Monforte que iniciou os seus estudos no ano 1960 reuniuse para xantar, tradición que gardan de xeito ininterrompido dende o ano 2010, o pasado 12 de setembro en Monforte de Lemos.
Hai sesenta e seis anos nada menos os que transcorreron dende ese momento e aqueles estudantes seguiron camiños diversos: uns fixeron tres anos, outros seguiron na Escola de Mestría e Peritaxe (hoxe Enxeñería Técnica)… uns crearon empresas, outros conseguiron traballos en empresas importantes… Como di Antonio Armesto, un dos organizadores, “daquela a formación profesional estaba en auxe e agora non hai a quen botar man”.
