Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Controlado o incendio que afecta a unha nave de residuos en Mazoi

O incendio que se orixinou este martes no lugar de Cacabelos, en Mazoi e que arrasa nestes momentos unha nave de residuos, xa se deu por controlado.





Segundo informou o 112, os bombeiros de Lugo aínda traballan agora mesmo na zona para apagar o lume e, sobre todo, evitar que se propague aos arredores, aínda que non hai vivendas preto. O incendio provocou unha rechamante columna de fume.





Ademais, mobilizouse tamén aos bombeiros do distrito forestal, xa que ao redor das naves hai zona de monte. Tamén se desprazaron a Policía Local e a Policía Nacional e se alertaron ás Urxencias Sanitarias de Galicia-061.


O artigo