Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar propostas de cara a elaboración do Plan Director da Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra Next. Iniciábase así un proceso de participación para definir o que queren todos os sectores empresariais deste territorio. No encontro presentáronse as propostas das Universidades da Coruña e Vigo-Ourense. Decidíase nun debate posterior, desenvolver o Plan Director coa Universidade da Coruña, implicando tamén á Universidade Vigo-Ourense.





Este xoves, 25 de abril, dábase un paso máis coa sinatura do contrato de asesoramento e asistencia técnica para elaborar o Plan Director da Agrupación. No Parador de Turismo de Monforte de Lemos ...