Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A comunidade estranxeira en Pontevedra xa roza as 5.400 persoas

A chegada de poboación estranxeira é unha das principais claves do incremento que rexistrou Pontevedra durante 2023 no número de habitantes. Os cidadáns procedentes doutros países bateron récord e son xa 5.386 persoas.



É a cifra máis alta de poboación estranxeira que se rexistrou xamais na Boa Vila. Son 674 máis que o ano anterior, cando xa superara todas as marcas (4.712 persoas).



E a tendencia continúa manténdose, xa que nos dous primeiros meses de 2024 a cifra seguiu crecendo, iso si, máis timidamente ata os 5.389 residentes estranxeiros



A comunidade internacional máis numerosa en Pontevedra é a de Venezuela (811), seguida da de Colombia (698), Portugal (485), Brasil (427...