Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A Deputación de Lugo descobre que o PP vendeu 60.000 metros urbanizables públicos a tres días de perder o poder

O socialista José Tomé, actual presidente, asegura que a operación formalizada polo goberno de Cacharro en xullo de 2007 por 3 millóns foi descuberta hai apenas un mes, cando a institución provincial se dispuña a renovar os equipamentos do parque de Paradai, na contorna dos terreos. "Algunhas" das 66 parcelas vendidas "a un particular" mesmo levaban "mobiliario urbano incluído", asegura, que di que o revela "por hixiene democrática"