Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A falta de persoal nos centros de maiores: residentes mal atendidos e traballadoras "ao límite"

As ratios de traballadoras por residente en Galicia sitúanse por debaixo da media do Estado e só outras catro comunidades presentan datos peores, segundo as cifras que vén de dviulgar o Imserso. Falamos con Ana Domato (CIG), que di que "temos que concienciarnos de que as persoas que están nas residencias merecen unha mellor atención. As traballadoras non podemos facelo con esta falta de persoal".