Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este encontro “de recoñecemento aos maiores, tan necesario, por toda unha vida de traballo, por todo o que aportaron e polo que seguen aportando, que é moito”, destacando así mesmo o valor da festa para a “convivencia, porque reforza os lazos entre xeracións e entre toda a veciñanza”.





Destacou o Presidente que a Deputación de Lugo “valora moito este tipo de iniciativas porque as políticas sociais –as que serven para crear e para mellorar os servizos públicos- deben ser prioritarias”. “Así o defendemos e así o practicamos na institución provincial”, sinalou, engadindo que o Goberno que encabeza destina máis dun terzo do Orzamento ás políticas sociais con diferente...