Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A Festa dos Maios

Na cultura galega, como en tantas outras, existen ritos e tradicións de exaltación de distintos ciclos do ano. Así, temos ritos coma os de defuntos, nadal e entroido ou o dos maios, unha exaltación do renacer da natureza.





Neste artigo falaremos da festas dos maios:





As orixes da Festa dos Maios





O certo é que hai diversas teorías, como tamén acontece noutros ritos e tradicións, é moi difícil saber cando comezaron a celebrarse estes ritos xa que non todo está escrito. Tamén chegou ao noso tempo con adaptacións ao longo dos séculos,  xa que estivo presente (que teñamos coñecemento) no período romano, no suevo e tamén coa chegada do cristianismo. Autores como Flore...