Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A muller enferma



















Di Susan Sontag que todas nacemos con dous carnés, un de sa e outro de enferma, e que todas estamos destinadas a facer uso dos dous. Este mes de maio cumpro un ano como enferma, un ano como supervivente, un ano de loita contra o cancro. Un ano que partiu en dous a miña vida e que cambiou a miña ollada para sempre.


O 19 de maio de 2023 pasei un exame que supuña banal, un TAC para comprobar a orixe das molestias musculares que sufría e que foran tratadas con pastillas para contracturas no meu centro de saúde. Seis veces acudín alí, seis veces receitaron ...