Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A VI Media Maratón Cidade de Lugo reunirá o domingo a preto dun milleiro de participantes

Os edís de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, e Cohesión Social e Territorial, Ana Abelleira, participaron este luns na presentación da sexta edición da media maratón Cidade de Lugo, que terá lugar o vindeiro domingo, 12 de maio, organizada polo diario El Progreso, coa colaboración do Concello. O evento deportivo contará con dúas modalidades, unha proba de 10 quilómetros, e outra de 21, con saída e meta ambas na Praza Horta do Seminario.


Jorge Bustos explicou que se trata “dunha cita xa consolidada na nosa cidade, cunha gran acollida, pois cada ano reúne a centenares de participantes, e ademais supón unha magnífica oportunidade para que deportistas que veñen doutras localidades poidan...