Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A Xustiza paraliza o parque eólico Acibal polo descubrimento de restos arqueolóxicos

A Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia adoptou a medida cautelar solicitada pola asociación ecoloxista Adega de suspender as obras de construción do parque eólico Acibal (Amil, Moraña) autorizadas pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia. A medida ten como consecuencia a paralización inmediata das actuacións polo descubrimento de restos arqueolóxicos.