Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Aberto o prazo para arrendar leiras ao Banco de Terras de Galicia

A Consellería do Medio Rural vén de abrir o 2 de maio o prazo para presentar as solicitudes de arrendamento de parcelas a través do Banco de Terras de Galicia, que estará aberto ata o 23 de maio.


Trala publicación do Real Decreto 1177/2023, do 27 de decembro, polo que se modifican diversos reais decretos ditados para a aplicación en España da Política Agraria Común,variouse a condición de que o solicitante non tivera recibido “dereitos da reserva nacional en anteriores asignacións de dereitos de pago básico da renda nacional ou dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade da reserva nacional”. Por iso, e como novidade, favorecerase o acceso á reserva nacional para “responsables de explotacións que participen en programas de reestruturación, cuxo obxectivo sexa e...