Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

AMEGA, Dinahosting e PuntoGal volven a unirse polo Día das Letras Galegas e de Internet

Neste mes de maio e pola conmemoración do Día das Letras Galegas e o Día de Internet, a Asociación de Medios en Galego (mediosengalego.gal), e a provedora de servizos dinahosting (dinahosting.gal) e PuntoGal (dominio.gal) unen esforzos para apoiar o uso do galego na rede a través da iniciativa “Subscríbete ao galego”.


Dende o 17 de maio e ata o 31, as persoas que se subscriban a algún dos medios en galego participantes na campaña recibirán un dominio .GAL e un hosting totalmente de balde e durante o período dun ano. Este agasallo está valorado en máis de 170€.


Os usuarios beneficiarios recibirán os seus códigos para obter o seu hosting e dominio gratis durante o mes de xuño.


O porqué de “Subscríbete ao galego”


Nun...