Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

As axudas á tradución distribúen 160.000 euros entre unha vintena de firmas

O Diario Oficial de Galicia recolle este 6 de maio a resolución das axudas á tradución de obras en galego para outras linguas e á inversa. A Consellería de Cultura distribuíu nesta xeira da convocatoria un total de 160.343 euros entre 83 proxectos literarios de vinte editoras diferentes. A cifra supón un descenso de 27.000 euros respecto ás subvencións concedidas en 2023, e non esgotan o crédito de 200.000 euros con que contaba a liña de axudas. Do mesmo xeito, o número de proxectos que conseguen apoio baixa en seis a respecto do pasado exercicio.