Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

As chaves da sentenza do Constitucional que anula o límite de 15 anos fixado por Rueda para actuar sobre obras ilegais na costa

O conflito que o Goberno galego e o estatal manteñen no Tribunal Constitucional (TC) está desde esta cuarta feira en táboas. Logo de que o TC dera a razón á Xunta coa Lei do Litoral, agora o tribunal declara “inconstitucionais” dous artigos e unha disposición da lei de acompañamento dos orzamentos de 2023.