Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na casa da cultura de Chantada. Na asemblea xeral da que participaron unha vintena de representantes dos diferentes concellos desde Ponferrada ata Santiago de Compostela aprobouse o informe de xestión e o balance de ingresos e gastos correspondente ao exercicio 2023. Comezouse tamén co traballo da posta en marcha do Plan de Dinamización que contén catro retos estratéxicos: a atención ao peregrino, a visibilidade do Camiño, o aumento de alianzas e colaboración e a potenciación do desenvolvemento turístico do territorio





Esta reunión era importante para estudar entre os presentes o Plan de Dinamización 2024-2027, con temas como a busca de f...