Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Cambio do sentido tráfico en Santo Domingo

O Concello de Lugo informa da necesidade de realizar un cambio temporal na ordenación do tráfico dentro das obras do proxecto Corazón Verde no entorno da praza de Santo Domingo. Co fin de retirar unha tubaxe de fibrocemento situada na parte superior da praza, dende mañá e ata novo aviso o acceso tanto á rúa Armañá como a rúa San Marcos realizarase subindo pola rúa Teatro –como ata agora–, pero dando a volta á glorieta da Águila Imperial, deixando libre o espazo paralelo á entrada do parking. É dicir, se agora os vehículos subían pola rúa do Teatro e bordeaban pola dereita a Águila Imperial, agora farano pola esquerda.


A retirada e substitución destas tubaxes esixe dunha ocupación temporal da vía que se manterá ata novo aviso. Aproveitando esta circunstancia, se realizará...