Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Comezan as actividades polo Mes das Letras

Co comezo de maio multiplícanse os anuncios de actividades arredor do Día das Letras Galegas e diferentes entidades dan a coñecer as súas propostas sobre Luísa Villalta. Deste xeito, a Cidade da Cultura prepara unha lectura participativa de poemas, un encontro con rapazada de centros de ensino, unha exposición bibliográfica e dúas propostas teatrais para divulgar a figura da homenaxeada.