Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Comunicado Asociación Veciñal Porta de Lugo sobre a ubicación do centro de saúde Sagrado Corazón ante posturas negativas da Xunta de Galicia

A Asociación Veciñal Porta de Lugo, a Asociación (e isto dicímolo en singular) representativa do Barrio do Sagrado Corazón quere manifestar publicamente ante os nosos veciños e ante a cidadanía de Lugo a súa postura respecto á utilización e dotacións para os terreos do que era o vello Colexio do noso barrio, propiedade de ABANCA e sobre os que o Concello de Lugo entendemos ten un acordo de cesión.


Hai uns meses celebramos no noso Barrio unha multitudinaria Asemblea a de Veciños do Barrio do Sagrado Corazón, representados e convocados pola nosa Asociación Porta de Lugo. Na devandita asemblea acordouse por unanimidade realizar as seguintes demandas:


1) Necesitamos a creación urxente dun Centro de Saúde. Consideramos aceptable a parcela de Serra de Meira, xa qu...