Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Controlado o incendio que se declarou nun edificio en Rábade e que afectou ao bloque contiguo

O 112 Galicia tivo constancia do suceso a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pouco antes das 11:30 horas. Á súa vez, eles recibiran o aviso dun veciño, quen explicou que saía fume do ático dun edificio de dous andares na rúa Gabriela Nieto Chan.


Rapidamente, á zona desprazáronse os servizos de emerxencias, que confirmaron que o fume se propagara ao longo de toda a rúa, aínda que, por fortuna, os veciños conseguiron saír ao exterior polos seus propios medios e ningunha persoa resultou afectada. Ao mesmo tempo, comprobaron como as lapas afectaban tamén ao bloque de edificios contiguo.


Neste operativo participan os Bombeiros de Vilalba e de Sarria, o GES de Friol-Palas e os axentes da Garda Civil. Tamén colabora con medios o distrit...