Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Día da Liberdade de Prensa en Galicia: das eternas materias pendentes á lei europea que vén

A nova lei europea de Liberdade dos Medios de Comunicación, a piques de entrar en vigor, fixa novas obrigas como a publicación anual do destino dos fondos destinados a publicidade institucional  por parte dos gobernos de todos os niveis. Mentres, en Galicia, a dirección xeral dos medios públicos nunca foi escollida coa maioría reforzada que marca a lei e, ao tempo, o ex-presidente Feijóo asegura "representar" o voto para "protexer" a liberdade de prensa