Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Dispositivo especial de seguridade por mor da media maratón Cidade de Lugo

O Concello de Lugo deu a coñecer hoxe o plan de tráfico que se porá en marcha este domingo para garantir a seguridade viaria durante o transcurso da media maratón Cidade de Lugo. Unha competición que se desenvolverá por diferentes rúas da capital e que precisa, no seu transcurso, da ocupación de determinados espazos, en condicións de seguridade tanto para organización como para os participantes e os usuarios ou residentes das zonas de influencia.


A sexta edición deste evento deportivo reunirá a máis de mil participantes e contará con dúas modalidades, unha proba de 10 quilómetros, e outra de 21. A saída e a meta estarán situadas nas inmediacións da Praza da Horta...