Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Do íntimo e doméstico: Illa Decepción de Berta Dávila

Cando xorde unha nova oportunidade para falar da escrita de Berta Dávila, unha teme caer na repetición e na insistencia, pois hai cousas que xa son evidentes e que para as que non se precisan máis argumentos. Que Berta Dávila é unha das escritoras máis interesantes e talentosas da literatura galega actual é xa unha verdade incontestable. Como bo revulsivo interior, a súa prosa xera sempre unha reacción e induce a unha fonda introspección emocional.





Dávila domina o relato autoficcional coma poucas autoras e todas as súas obras logran chegar e tocar ao lectorado. Ler a Berta Dávila redunda sempre nun exercicio de observación e recoñecemento do propio estado mental, sen que caiba a posibilidade da indi...