Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Domingos do Principal regresa o 20 de outubro con cinco espectáculos para "rir e mesmo chorar"

Este luns presentábase a nova edición do ciclo de teatro familiar Domingos do Principal, que se desenvolverá entre o 20 de outubro e o 17 de novembro.



O acto contou coa presenza de Demetrio Gómez, concelleiro de Cultura de Pontevedra, e de Xacobe Rodríguez, integrante da compañía Teatro Akatro, encargada da organización do ciclo.



Demetrio Gómez destacou a gran calidade desta edición, que cualificou de "imposible sen o traballo de Xacobe e Tereixa de Teatro Akatro".



Gómez Xunqueira tamén subliñou que o ciclo, que contará con obras andaluzas, catalás e galegas, está pensado para crianzas a partir de 4 anos, pero tamén está abe...