Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Dous anos de cárcere para o expresidente do Colexio de Enfermaría de Pontevedra

A causa contra Carlos F.G., expresidente do Colexio de Enfermaría de Pontevedra, saldarase finalmente cun acordo de conformidade coa Fiscalía, que suporá unha condena de 2 anos de cárcere para o principal procesado, mentres que quedan exoneradas a súa muller e a súa filla, que tamén foron detidas no marco da investigación por presuntas irregularidades na xestión do órgano colexial.