Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Elahood inaugura a sétima edición do Corufest

Corufest, o festival de artes escénicas pola diversidade afectivo-sexual, inaugura este xoves 9 de maio a súa sétima edición cunha programación de actividades culturais e artísticas que achegarán ata o próximo 19 de maio á cidade da Coruña figuras emerxentes e referentes das artes escénicas e do activismo cultural LGTBIQ+ do panorama galego, estatal e internacional.