Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con temática literaria na que se anima aos asistentes a levar algún libro de segunda man para intercambiar.





Ademais, porase a disposición unha caixa de suxestións para compra de libros da Biblioteca municipal da Pobra do Brollón. Animando a foliada estará o grupo Grolo, dúo de saxofón e guitarra que fan música tradicional fusionado. A comisión de festas de Eixón poñerá barra e caldo comunitario, para o que animan aos asistentes a levar cunca e culler.





O sábado trasládase a festa á parroquia de Vilachá de Salvadur, concretamente á aldea de Trasmonte onde o Furancho O Currio recupera a ...