Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

[Galicia 2024] Estratexias erradas e cambios de perfil electoral



















1. O fracaso do bibloquismo


Por máis que os medios quixesen introducir suspense nas pasadas eleccións galegas, o certo e verdade é que os votantes responderon unha vez máis facendo gala dunha abraiante regularidade, coma se as maiorías absolutas do PP formasen xa parte da paisaxe de Galicia.


A falta de maior sorpresa, unha das cousas que chama a atención das pasadas eleccións foi a estratexia seguida polos socialistas, tanto máis se temos en conta a traxectoria declinante que lles precede, desde a perda da Xunta en 2009. ...