Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Heráclito en Galicia

Toda a actualidade da semana foise estampar aos pés do presidente do Goberno. Murmuraban bocas varias sobre a continuidade de Xavi no Barça. En Galicia andabamos enleados en Altri, pero tamén no gol que a Xunta viña de lle meter ao Goberno central a conta da costa previo paso polo Tribunal Constitucional, porque xa sabemos que para falar dos litorais galegos tamén hai que pasar antes polos ollos atentos da capital das capitais. E, de súpeto, un home namorado fíxonos destinatarios, ao conxunto afortunado de DNIs, das súas dúbidas e incertezas.


O conto é coñecido. Manos Limpias andaba polo medio. A súa pegada, que sempre imaxino enlamada, pode verse en case calquera proceso onde sexa adecuado preguntarlles “pero vostedes que raio viñeron pintar aquí?”. Hai libros que adora...