A.C.T., detido na noite do sábado como sospeitoso do crime machista da pontevedresa Fadoua Akkar, ingresará en prisión provisional comunicada e sen fianza por un delito de homicidio.
Así o acordou na tarde deste luns o Xulgado de Instrución número 3 de Cangas, que lle tomou declaración unha vez que recibiu o alta hospitalaria.
Tiña unha relación sentimental coa vítima e na madrugada do venres ao sábado circulaban no mesmo coche, conducido por el, cando se precipitaron á auga. Estaban no paseo marítimo de Domaio, en Moaña e, mentres que ela f...