Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Lugo contará este ano con dezaseis praias con bandeira azul

Lugo contará este ano con dezaseis praias con bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor

(Adeac) recoñece anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos.


Cómpre subliñar que os criterios esixidos por Adeac para a concesión da bandeira azul, no caso de praias e portos, están relacionados coa calidade das augas —que ten que ser excelente—; a seguridade e a accesibilidade; a dotación de servizos; así como a xestión ambiental e a sustentabilidade.


As dezaseis praias que este ano repiten co distintivo de bandeira azul son:


As praias de Coto e Fontela Balea no Concello de Barre...