Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Maria Canosa faise o V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

A escritora ceense María Canosa gañou o V Premio de Literatura "Carlos Mosteiro", convocado polo concello da Pobra do Caramiñal e Editorial Galaxia. A autora presentara unha obra titulada Teño un volcán dentro, da que o xurado valorou "o orixinal tratamento, nada maniqueo, dun protagonista con Asperger, e a súa relación coa súa irmá, así como co seu entorno familiar e educativo. Das dificultades de integración e adaptación a todo ese mundo novo polo que comeza a camiñar". A obra será editada pola editorial Galaxia.