Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Morre un motorista tras chocar un coche en Quiroga

Un motorista faleceu esta tarde de martes ao chocar contra un coche na estrada LU-933, á altura a parroquia de Nocedo, no municipio de Quiroga.





Segundo informa o 112 Galicia, sobre as 18,10 horas un particular deu aviso do accidente. Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, pero só puideron confirmar o falecemento.





O suceso tivo lugar no quilómetro 31 da LU-933. Foron avisado 061, membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel e Garda Civil de Tráfico.





Pola súa banda, os efectivos do GES realizaron tarefas de limpeza do asfalto para poder circular pola vía.


O artigo