Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Motorola Defy, un terminal robustecido para o día a día

A familia dos smartphones robustecidos vén de recibir un novo compoñente. Chámase Motorola Defy, e é o resultado dunha estreita colaboración entre Motorola e Bullitt Group, unha coñecida empresa especializada en deseño de teléfonos resistentes, que tivo como obxectivo crear un teléfono robusto que á vez estivese destinado ao uso diario. Deste xeito, o novo trebello de Motorola é un terminal resistente á auga, certificado polos estándares da industria (IP68), podendo ser somerxido en profundidades de até 1,5 metros durante 35 minutos, grazas en boa medida á súa cuberta de dobre selado. Adeamis, é quen de soportar caídas de até