Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Muralismo en Rianxo da man do Viladomar: un antigo motor de barco e a vida e a morte plasmados por Novenoel

Novenoel é un dos fundadores do festival de arte Viladomar 'máis alá dos muros' que enche cada ano, dende o 2018, esta pequena vila mariñeira de cor. Despois de ver como en México os murais "formaban parte da identidade do pobo", animouse a traer esta idea á súa vila natal.