Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Nelson obriga a cortar o tráfico na PO-11 por inundacións na estrada entre Pontevedra e Marín

A Garda Civil de Tráfico decidía cortar o tráfico en dirección Pontevedra-Marín na estrada PO-11, coñecida popularmente como a "autovía de Marín", debido á presenza de auga na calzada no tramo comprendido entre Ence e Os Praceres.



As fortes choivas chegadas coa borrasca Nelson que levan rexistrando durante a xornada deste mércores 27 de marzo coinciden coa preamar e a auga da ría chegou ata a estrada



Un particular informaba ao 112 Galicia de que esta estrada á altura do quilómetro 2 permanecía completamente anegada debido á subida da marea.



Por este motivo decidíase inicialmente cortar a estrada en ámbolos sentidos de circulación entre os quilómetros 1.2 e 3.7, segundo informa o 112 Galici...